O último día antes de comezar o curso, decidimos facer a ruta máis relaxada, a SE.
Esta comeza tras pasa o O´Connel Bridge. En primeiro lugar atópase o Banco Nacional de Irlanda (xa fotografiado de noite).
A continuación (cruzando a rúa) sitúase o Trinity College, a universidade máis antiga de Irlanda (1952), ata o ano 60 non se admitian católicos e por ela pasaron personaxes coma Samuel Beckett, Bram Stoker ou Oscar Wilde. Na segunda fotografía podemos ver o campanario, enmarcando a parte interior da entrada principal ó recinto. Dentro distribúense os edificios que compoñen a universidade arredor de prazas axardinadas, creando un ambiente relaxado, que lle viña a Arquitectura Técnica algo así...
Non entramos a ver a biblioteca a ver o libro de Kells porque a cola era imposible. Aforramos os 10 € e deixamos a universidade atrás.
Á entrada de Grafton Street (a outros dous pasos) aparece a estatua de Molly Mallone, Molly Mallone era unha vendedora ambulante de pescado que se paseaba polas rúas de Dublín e que de noite se dedicaba a cousas menos dignas, converteuse nunha figura popular, e hoxe conta a súa historia unha canción popular, versionada por grupos como os dubliners, e que (dato friki) é a que canta o borracho ó que apalean os rapaces en “La naranja mecánica”. (ó fondo tedes o típico urbano dublinés, azul e amarelo e de dúas prantas, non che para se non lle levantalo brazo e se non tes cambiado, a volta tes que recollela na oficina de bus)
Grafton Street é unha rúa peatonal onde están as tendas máis caras de Dublín (como Brown Thomas), é unha rúa con moita vida gracias aos artistas que nela se congregan, dende pintores, a titiriteiros pasando por musicos, estatuas, performaces etc, cada día te atopas algo novo.
No primeiro desvío á dereita atopamos unha igrexa preciosa reconvertida en oficina de turismo (xa non saben que facer con elas)
Máis adiante, seguindo Grafton St e á esquerda, a St Ann´s Church. E, ó seu carón, a Mansion House, onde no 19, se reuniría por primeira vez o Dáil Éireann.
Rematamos esta atestada rúa dublinesa, para relaxarnos no St. Stephen´s Green. Un precioso parque de 9ha, perfecto para comer, dar un paseo e darlle de comer ó cisne, absolutamente o dono do lugar. O cisne é símbolo Irlandés, por iso a súa presencia en calquer estanque o suficientemente grande.
O “Royal College of Surgeons” nos arredores do St Stephen´s Green. As esculturas que coroan o edificio son os deuses gregos da saúde, da medicina e da sabiduría. Este edificio foi tomado no Levantamento de Pascua de 1916 por Michael Mallin e pola condesa de Markievicz (da que existe unha escultura no St Stephen´s green que veremos máis adiante), éstos foron os últimos rebeldes en rendirse, Mallin foi executado e a condesa librouse por ser muller. Ainda se poden ver as marcas dos proxectiles nas columnas que forman a fachada do edificio.
Rodeamos o parque para ver a Iveagh House e a Newman House e finalizamos o traxecto en Ely Place. Ely Place é un callejón sen saída, onde se poden ver varias casas georgianas ben conservadas (1770 aprox. a da fotografía, no nº8, é a máis recoñecida, a Ely House) ó final desta rúa sitúase a Royal Hiberian Academy, un edificio modernista que non se integra moito no entorno (cerrada ata avanzado setembro).
Fartos xa de tanto bocata, entramos a un buffet libre, compramos un plato mediano e o resto podedes velo na seguinte fotografía..
Co estómago cheo, fomos dar unha volta polo Merrion Square, e fotografiar a Oscar Wilde.
Entramos no Natural History Museum, con acceso gratuito, só puidemos estar na planta baixa, pero tampouco había moito máis que ver.
Máis tarde acercámonos ó National Museum e á National Library, pero xa era demasiado tarde (o toque de queda son as 5:15) entre os dous edificios circulares e simétricos sitúase a Leinster House, antigua mansión do duque de Leinster, que posteriormente sería a sede do parlamento irlandés.
Tras toda esta ruta, recollemos as cousas do Litton Lane e separámonos para ir xunto as nosas respecticas Host Families, un a cadansúa punta da cidade.
Moi boa acollida por parte de Breda (miña Host Mother) e unha compañeira de habitación española, Rachel (futura escritora de Bestsellers, que eu ilustrarei). Que ben durmin esa noite!
No hay comentarios:
Publicar un comentario