A visita (2 € coa ISIC) durou unha horiña, unha horiña de extensas explicacións ,en inglés, sobre a vida na cárcere que serviron para reafirmarnos na necesidade do curso que viñemos realizar. Mostráronnos os calabozos, o vestíbulo principal, as celdas adxacentes, o patio exterior e a zona de fusilamento.
Esta fotografía mostra a cara máis coñecida da cárcere; aparece en películas como " En el nombre del padre" de Jim Sheridan (que trata da frustrante historia dos 5 de Guildford) ou "Michael Collins" (interesante drama biográfico que nos axuda a comprender a historia da independencia irlandesa) e no videoclip da canción "Celebration" de U2 (banda irlandesa por excelencia)
Esa cruz que podemos ver nun recuncho da cárcere, dispúxose para rememorar o fusilamento de James Connolly tras a súa participación no Levantamento de Pascua de 1916. O procedemento habitual era o seguinte: o reo entraba pola porta de madeira que se ve á dereita da fotografía, camiñaba ata o outro extremo do recinto, daba a volta e mantíase erguido á espera do disparo. Connolly foi ferido durante a batalla e non podía manterse en pé, polo que transladaron o corpo para o recuncho máis cercano á entrada e tiveron que sentalo nunha silla, pero ainda así non puido permanecer dereito e foi necesario atalo para finalmente acabasen coa súa vida.
Tamén puidemos repasar a historia publicitaria da marca dende os seus inicios.
A anécdota da arpa irlandesa. Esta arpa foi rexistrada como logotipo da Guinness en 1759, máis tarde para representar o estado irlandés quíxose estampar ese mesmo símbolo . Pero posto que a Guinness tiña os dereitos desa imaxe, decidiron seguir utilizandoa pero invertida, e é así como podemos observar nos euros irlandeses.
Aprendemos a catar esta cervexa a través dos cinco sentidos:
Oído: ó tirar a caña libéranse dous tipos de gases nitróxeno e dióxido de carbono, formando un ruído característico.
Vista: se pomos a cervexa a contraluz podemos observar que ten unha cor colorada.
Tacto: tocando o vaso comprobaremos a temperatura, debe ser servida a uns 6º.
Olfacto: debemos facer bailar a cervexa no vaso para que desprenda a súa verdadeira fragancia.
Gusto: eso non teño que explicalo non? xD
Tamén nos ensinaron a tirala:
Debe facerse en dous tempos, 1º co vaso inclinado uns 45º enchéndoo 3/4 da súa capacidade, deixar repousar ata que se estabilice e rechear o que falta. Unha Guinness está ben tirada cando a espuma aguanta ata que rematas a cervexa.
Ó rematar a visita subimos ó Gravity, que é o bar que corona o edificio, e onde podes degustar unha pinta de Guinness "gratuita" e disfrutar das mellores vistas de Dublín ó mesmo tempo. Servíume a cervexa a señora que aparece na foto e moi maja ela debuxoume unha trébore na espuma, como pode intuírse na fotografía. Ó rematar a cervexa e, como é tradición (sen que te vexan), leveime o vaso da Guinness Storehouse de recordo.
Tras a pinta e co estómago vacío (e moi dificil atopar un sitio onde comer a un precio normal) sumerxímonos na maravillosa historia deste país dende a época vikinga ata a actualidade (con posibilidade de folleto explicativo en español) por medio da exposición Dublinia (8,50 € coa ISIC, incluíndo a entrada da Christ Church Cathedral) que se mostra no interior do edificio que comunica coa catedral. A fotografía mostra o alfabeto utilizado polos vikingos e a súa traducción.
Ó rematar, accedemos directamente á Christ Church Cathedral, unha das tres catedrais que existen en Dublín, e unha das dúas catedrais protestantes dublinesas. Como se ve nas fotografías é impresionante, pero por dentro é unha igrexa máis, o único que (non sei moi ben por qué) lle da un pouco de bombo ao asunto son as momias dun gato e un rato que foron atopadas no interior dun dos órganos da catedral, e que agora se expoñen na Cripta.
E o que sobrou de día consumímolo no pub do Arlington Hostel, no que ese día tras acabar os concertos en directo, montaron unha disco en toda regla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario