Tras deixarnos a liña 41 en O´Connel Street, descubrimos a realidade dos veráns irlandeses, veráns grises e pasados por auga, pero o tempo non desvía a traxectoria dos viandantes, non buscan evitar a choiva e pasean tranquilos baixo ela, sen inmutarse.
O primeiro que consigue desviar as nosas miradas: o Spire, morrendo na masa de nubes inestable que cubría intermitente o ceo dublinés, 120 metros de altura otórganlle o título de escultura máis alta do mundo, en forma de cono de aceiro inox. de 3 m. de diámetro na súa base.
Con intención de resgardarnos do chaparrón que aumentaba de intensidade, acabamos sen darnos conta baixo o pórtico que cubre a entrada da Oficina Xeral de Correos, onde 95 anos atrás Patrick Pearse lería a Proclamación da República de Irlanda, desencadenando o famoso Levantamento de Pascua de 1916.
Remata esta rúa na estatua elevada en honor a Daniel O´Connell "O Libertador", primeiro católico irlandés en ser elexido alcalde.
A dous pasos, nunha estreita rúa terriblemente mal adoquinada chamada Litton Lane, emplázase o Hostel onde malviviríamos durante tres noites, recibiunos cordialmente xente da casa, dúas galegas estudantes de traducción e interpretación, en prácticas. Habitación compartida, 10 camas, vistas a un muro de pedra... máis que suficiente.
Tiramos as maletas e saímos a inspeccionar os arredores.
Tras sair de Litton Lane atopamos o río Liffey partindo a cidade en dúas zonas e comunicandoas mediante numerosas pontes. Choiva e atropellos no Ha´Penny Bridge, apodado desta forma debido ó peaxe que, ata o ano 1919, se debía pagar para cruzalo (half a penny).
Permanecemos na zona norte do río Liffey e decidimos, por fín, inaugurar a nosa viaxe como deus manda, cun par de pintas de Guinness na man e un brindis por todo o que nos espera.
Que mellor sitio para estos placeres que unha antiga igrexa reconvertida en pub, co seu órgano e as súas vidrieras conservadas, St Mary´s church. Arthur Guinnes e Wolfe Tone (lider da rebelión irlandesa de 1798) atopábanse entre os seus parroquianos célebres.
Tras esta imprescindible parada, e xa de noite, cruzamos o Liffey e camiñamos sen rumbo polas rúas do SE tropezándonos co Bank of Ireland e o Trinity College, e volta ó hostel.
Tras un breve descanso, baixamos ó pub do Arlington hostel onde puidemos disfrutar dunha das tan frecuentes actuacións en directo dos pubs irlandeses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario