Comezamos o día, na oficina de información de autobuses preguntando por un bono para as tres semanas, e saímos de alí con él e con 77 euros menos...
Tras o shock, camiñamos dirección St Mary´s Pro-Cathedral. Recibe o nome de pro catedral debido a que a Christ Church (vista o día 1), a pesar de levar moito tempo sendo unha catedral protestante, aínda ten o título de católica, e non pode existir máis de unha catedral católica por cidade.
Non me chamou nadiña a atención, en comparación coas outras dúas catedrais ou mesmo coas igrexas que te podes atopar cada dous pasos polas rúas dublinesas.
A dous pasos da catedral, na acera de enfrente, sitúase a Tyrone House, un edificio paladiano (1740) que xunto coa Leinster House (que veremos máis adiante) se consideran as obras máis importantes, en Dublín, de Richard Castle.
Seguimos o camiño costa abaixo cara o Liffey, e fomos ver a Custom House, antiga sede da aduana do porto de Dublín (s XVIII) e sede do ministerio de Medio Ambiente na actualidade.
O edificio nunca se utilizou debido á centralización dos servizos de aduana en Londres.
Durante o alzamento irlandés de 1921, o Exercito Republicano queimou o edificio para celebrar a victoria, debido ó simbolismo deste coa soberanía inglesa da illa. Anos máis tarde comezaría a súa reconstrucción.
Apreciase o detalle do Escudo de Armas oficial da República Irlandesa, coa arpa invertida da que falamos anteriormente.
Pero sen dúbida a imaxe máis bonita do edificio foi a tomada de noite cando se ilumina a súa fachada e se reflexa no río (fotografía máis adiante).
Paramos no Clery´s en O´Connell St. un dos grandes almacén máis antigos de Dublín (1853).
Frente ó cal se alza o edificio de Correos (visto no día 0)
Ó final de O´Connell St. levántase a estatua honrando a Charles Steward Parnell, membro do Partido Parlamentario Irlandés. E cruzando a rúa chegamos a Parnell Square, ó redor da cal se sitúan algúns edificios interesantes como son o hospital, o teatro e o museo de Hugh Lane (no que se pode ver unha boa exposición, permanente, sobre a vida e obra de Francis Bacon). Na parte norte da praza, sitúase o xardin dos recordos, creado en 1966 en memoria de todos os caídos no Levantamento de Pascua do 16, no xardín pódese ver unha xigantesca fonte en forma de cruz, e ó fondo unha escultura en bronce coñecida como "Childrens of Lir" creada a partir dunha lenda celta na que unha madrastra malvada converte ós rapaces en cisnes.
Tras atoparnos, de camiño a King´s Inns, con un par de igrexas impresionantes (das que non aparecen nas guías) a que se ve na 2ª foto é a Black Church , chegamos ao edificio do s.XVI, que foi creado como unha sociedade de abogados, "The School of Law" e ó redor do cal se pode disfrutar dun agradable xardín (se vas calquer día menos o que fomos nos, a foto está sacada a traves da reixa)
Dirección sur cara o río fomos visitar Four Courts antes de comer. Fourt Courts (as catro cortes) edificio creado polo mesmo arquitecto que o da Custome House, James Gandom, que sufriu destrozos debido a guerra civil irlandesa e foi rehabilitado. É a sede do tribunal supremo de irlanda.
Na entrada dunha rúa perpendicular a O´Connell Street, chamada Earl St N, vimos a estatua de James Joyce, lugar de descanso para os viandantes, como se pode observar.
Tras a comida, fomos botarlle un trago de whisky á "Old Jameson Distillery". Pasamos tras abonar uns 10,60 (coa ISIC), mostráronnos un video sobre a historia do lugar, e fomos pasando a traves de distintas salas onde se escenificaban os procesos de tratamento da cebada, a mezcla con auga e as súas destilacións (cabe dicir que frente a outros whiskyes o Jameson ten 3 destilacións o que lle proporciona maior suavidade) e como colofón final, a cata, eu saboreei un Jameson con Ginger Ale e Jose ainda non o ten claro! xD
Tralo cubata de despois de comer... chegamos ó hostel xusto cando se preparaban para dar un concerto en vivo, uns italianos chamados "Nuur" e para acompañar, cervexa gratis a cargo do hostel, que máis se pode pedir! unha versión de Puzzle Haze, pois sí tamén a houbo.
Tocaba sair ata Temple Bar dar unha voltiña, sacar a mítica foto de postal do bar máis mítico (que ten o mesmo nome da rúa e da zona) e ir cear algo, para o que eliximos o Turk´s Head, un bar modernista que queda pola zona, moi animado.
E antes de voltar ó Hostel achegámonos un chisco máis á zona este dublinesa para poder apreciar a beleza desta á noitiña. Na primeira fotografía vemos a Custom House dende a zona Sur do río e na segunda apréciase a noria, unha das pontes e un curioso edificio inclinado que se ilumina á esquerda.
Na seguinte fotografía, tomada na parte Norte do río Liffey, vemos as figuras humanas que se crearon para representar a "Gran Hambruna" sufrida por este país a mediados do s. XIX debido á escasez de patacas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario