1º día, tras chegar 1 hora e 30 tarde... resultou que non me perdera nada. Chapeime a interesantísima horiña que faltaba para que rematasen de explicar as normas da Escola, da Host Family, etc e fomos dar unha volta pola cidade cos encargados de actividades, un tour bastante cutre.
Deixáronnos a todos para que nos fosemos coñecendo e comemos no St Stephen´s Green, despois diso acabamos no Meez (un oscuro pub forrado de posters no que se fan as festas de EF, onde cando non tes actuacións en directo escoitas tanto música dos Dropckik Murphys como de Pink Floyd) disfrutando dunha cervexa gratuíta de benvida. Déronnos os horarios e pra casa.
Do resto dos días de clase non hai moito que dicir, un tutor horrible, moitas dúbidas sobre o sistema de EF e o tempo relentizándose progresivamente. Eso sí, coñecemos un montón de xente.
Descubrín de camiño á escola (tras coller un bus durante 40 mín, teño que andar 5 máis) o pub O´Donoghue´s. Construído en 1789 como unha tenda de comestibles, en 1934 comezou a operar como pub, e foi nel onde comezaron a tocar The Dubliners. Tamén pasaron por aí outros notables personaxes como Phil Lynott. O local consta actualmente da parte antiga (que é a entrada que se ve na 1ª foto) un espazo semi-aberto (para fumadores, 2ª foto) no medio e acceso a outro local (moito máis novo e moderno) á esquerda. Moi a gusto.
Descubrín (no mesmo camiño) que a escultura en pedra situada nun dos accesos ó St Stephens Green é de Wolfe Tone. Wolfe Tone foi o fundador da Sociedade de Irlandeses Unidos, co fin de loitar pola libertade política irlandesa. Foi capturado durante a rebelión irlandesa de 1798 e condenado a morte, acabaría suicidándose antes da súa execución.
Puiden acercarme ata a catedral de San Patricio ( 4,50€ coa ISIC). Moi explotado turísticamente, como todo o que ten interés en Dublín, de todas formas son impresionantes os interiores da igrexa.
Según conta a historia, levantouse alí onde San Patricio convertía ós paganos en cristianos (s.V) en principio estaba formada por unha estructura de madeira para máis tarde (1191) reconstruírse en pedra
A seguinte parada sería o National Museum, para o que cruzando por unha das rúas que morren en Grafton Street me atopei un poster, moi logrado, feito a rotulador que me chamou a atención (sí, fricada). Faltanme dous personaxes, os que están enriba da personaxe de avatar, acéptanse suxerencias.
Tamén me topei coa estatua en honor a Phill Lynott, en Harry St.
Cheguei á National Galery e á National Library (respectivamente nas fotografías), xa vistas dende fóra, e non me houbo moito que me intesase especialmente no interior, para gustos, a arqueoloxía non me emociona. O que máis me gustou foron os edificios en sí. Entrada de balde.
Só destacar, o inestable tempo dublinés, a foto está sacada un desos placidos días de verán que te vas a un parque a comer o aire libre... e despois din que en Santiago chove!
o dito popular irlandés di así: "I love summer, it´s my favourite day of the year"
Double rainbow in Hansfield:

