lunes, 29 de agosto de 2011

Semana 1, comeza o curso. Dublín

 
1º día, tras chegar 1 hora e 30 tarde... resultou que non me perdera nada. Chapeime a interesantísima horiña que faltaba para que rematasen de explicar as normas da Escola, da Host Family, etc e fomos dar unha volta pola cidade cos encargados de actividades, un tour bastante cutre.

Deixáronnos a todos para que nos fosemos coñecendo e comemos no St Stephen´s Green, despois diso acabamos no Meez (un oscuro pub forrado de posters no que se fan as festas de EF, onde cando non tes actuacións en directo escoitas tanto música dos Dropckik Murphys como de Pink Floyd) disfrutando dunha cervexa gratuíta de benvida. Déronnos os horarios e pra casa.


Do resto dos días de clase non hai moito que dicir, un tutor horrible, moitas dúbidas sobre o sistema de EF e o tempo relentizándose progresivamente. Eso sí, coñecemos un montón de xente.


  Descubrín de camiño á escola (tras coller un bus durante 40 mín, teño que andar 5 máis) o pub O´Donoghue´s. Construído en 1789 como unha tenda de comestibles, en  1934 comezou a operar como pub, e foi nel onde comezaron a tocar The Dubliners. Tamén pasaron por aí outros notables personaxes como Phil Lynott. O local consta actualmente da parte antiga (que é a entrada que se ve na 1ª foto) un espazo semi-aberto (para fumadores, 2ª foto) no medio e acceso a outro local (moito máis novo e moderno) á esquerda. Moi a gusto.



 Descubrín (no mesmo camiño) que a escultura en pedra situada nun dos accesos ó St Stephens Green é de Wolfe Tone. Wolfe Tone foi o fundador da Sociedade de Irlandeses Unidos, co fin de loitar pola libertade política irlandesa. Foi capturado durante a rebelión irlandesa de 1798 e condenado a morte, acabaría suicidándose antes da súa execución. 


Puiden acercarme ata a catedral de San Patricio ( 4,50€ coa ISIC). Moi explotado turísticamente, como todo o que ten interés en Dublín, de todas formas son impresionantes os interiores da igrexa. 
Según conta a historia, levantouse alí onde San Patricio convertía ós paganos en cristianos (s.V) en principio estaba formada por unha estructura de madeira para máis tarde (1191) reconstruírse en pedra


 


A seguinte parada sería o National Museum, para o que cruzando por unha das rúas que morren en Grafton Street me atopei un poster, moi logrado, feito a rotulador que me chamou a atención (sí, fricada). Faltanme dous personaxes, os que están enriba da personaxe de avatar, acéptanse suxerencias.


Tamén me topei coa estatua en honor a Phill Lynott, en Harry St.

 
















  Cheguei á National Galery e á National Library (respectivamente nas fotografías), xa vistas dende fóra, e non me houbo moito que me intesase especialmente no interior, para gustos, a arqueoloxía non me emociona. O que máis me gustou foron os edificios en sí. Entrada de balde.



 

Só destacar, o inestable tempo dublinés, a foto está sacada un desos placidos días de verán que te vas a un parque a comer o aire libre... e despois din que en Santiago chove!
o dito popular irlandés di así: "I love summer, it´s my favourite day of the year"


Double rainbow in Hansfield:



viernes, 26 de agosto de 2011

Día 3. Ruta SE, Dublín.

O último día antes de comezar o curso, decidimos facer a ruta máis relaxada, a SE.
Esta comeza tras pasa o O´Connel Bridge. En primeiro lugar atópase o Banco Nacional de Irlanda (xa fotografiado de noite).

A continuación (cruzando a rúa) sitúase o Trinity College, a universidade máis antiga de Irlanda (1952), ata o ano 60 non se admitian católicos e por ela pasaron personaxes coma Samuel Beckett, Bram Stoker ou Oscar Wilde. Na segunda fotografía podemos ver o campanario, enmarcando a parte interior da entrada principal ó recinto.  Dentro distribúense os edificios que compoñen a universidade arredor de prazas axardinadas, creando un ambiente relaxado, que lle viña a Arquitectura Técnica algo así...


Non entramos a ver a biblioteca a ver o libro de Kells porque a cola era imposible. Aforramos os 10 € e deixamos a universidade atrás.

Á entrada de Grafton Street (a outros dous pasos) aparece a estatua de Molly Mallone, Molly Mallone era unha vendedora ambulante de pescado que se paseaba polas rúas de Dublín e que de noite se dedicaba a cousas menos dignas, converteuse nunha figura popular, e hoxe conta a súa historia unha canción popular, versionada por grupos como os dubliners, e que (dato friki) é a que canta o borracho ó que apalean os rapaces en “La naranja mecánica”. (ó fondo tedes o típico urbano dublinés, azul e amarelo e de dúas prantas, non che para se non lle levantalo brazo e se non tes cambiado, a volta tes que recollela na oficina de bus)

Grafton Street é unha rúa peatonal onde están as tendas máis caras de Dublín (como Brown Thomas), é unha rúa con moita vida gracias aos artistas que nela se congregan, dende pintores, a titiriteiros pasando por musicos, estatuas, performaces etc, cada día te atopas algo novo. 

No primeiro desvío á dereita atopamos unha igrexa preciosa reconvertida en oficina de turismo (xa non saben que facer con elas)
Máis adiante, seguindo Grafton St e á esquerda,  a St Ann´s Church. E, ó seu carón, a Mansion House, onde no 19, se reuniría por primeira vez o Dáil Éireann.
 

lunes, 22 de agosto de 2011

Día 2. Ruta N, Dublín.


Comezamos o día, na oficina de información de autobuses preguntando por un bono para as tres semanas, e saímos de alí con él e con 77 euros menos...
Tras o shock, camiñamos dirección St Mary´s Pro-Cathedral. Recibe o nome de pro catedral debido a que a Christ Church (vista o día 1), a pesar de levar moito tempo sendo unha catedral protestante, aínda ten o título de católica, e non pode existir máis de unha catedral católica por cidade.
Non me chamou nadiña a atención, en comparación coas outras dúas catedrais ou mesmo coas igrexas que te podes atopar cada dous pasos polas rúas dublinesas.



A dous pasos da catedral, na acera de enfrente, sitúase a Tyrone House, un edificio paladiano (1740) que xunto coa Leinster House (que veremos máis adiante) se consideran as obras máis importantes, en Dublín, de Richard Castle.

Seguimos o camiño costa abaixo cara o Liffey, e fomos ver a Custom House, antiga sede da aduana do porto de Dublín (s XVIII) e sede do ministerio de Medio Ambiente na actualidade.
O edificio nunca se utilizou debido á centralización dos servizos de aduana en Londres.
Durante o alzamento irlandés de 1921, o Exercito Republicano queimou o edificio para celebrar a victoria, debido ó simbolismo deste coa soberanía inglesa da illa. Anos máis tarde comezaría a súa reconstrucción.
Apreciase o detalle do Escudo de Armas oficial da República Irlandesa, coa arpa invertida da que falamos anteriormente.
Pero sen dúbida a imaxe máis bonita do edificio foi a tomada de noite cando se ilumina a súa fachada e se reflexa no río (fotografía máis adiante).






















Paramos no Clery´s en O´Connell St. un dos grandes almacén máis antigos de Dublín (1853).



Frente ó cal se alza o edificio de Correos (visto no día 0)



Ó final de O´Connell St. levántase a estatua honrando a Charles Steward Parnell, membro do Partido Parlamentario Irlandés. E cruzando a rúa chegamos a Parnell Square, ó redor da cal se sitúan algúns edificios interesantes como son o hospital, o teatro e o museo de Hugh Lane (no que se pode ver unha boa exposición, permanente, sobre a vida e obra de Francis Bacon). Na parte norte da praza, sitúase o xardin dos recordos, creado en 1966 en memoria de todos os caídos no Levantamento de Pascua do 16, no xardín pódese ver unha xigantesca fonte en forma de cruz, e ó fondo unha escultura en bronce coñecida como "Childrens of Lir" creada a partir dunha lenda celta na que unha madrastra malvada converte ós rapaces en cisnes.





lunes, 15 de agosto de 2011

Día 1. Ruta SO, Dublín.


 "Madrugamos" para dirixirnos a pé (ideas de bombeiro de meu primo) ata Kilmanhaim gaol. Esta cárcere viviu o encarcelamento e fusilamento de moitos dos personaxes implicados na loita pola independencia de Irlanda. O último preso en ser liberado, no 1924, foi Eamon de Valera, que posteriormente chegaría a ser presidente de Irlanda.


A visita (2 € coa ISIC) durou unha horiña, unha horiña de extensas explicacións ,en inglés, sobre a vida na cárcere que serviron para reafirmarnos na necesidade do curso que viñemos realizar. Mostráronnos os calabozos, o vestíbulo principal, as celdas adxacentes, o patio exterior e a zona de fusilamento.



Esta fotografía mostra a cara máis coñecida da cárcere; aparece en películas como " En el nombre del padre" de Jim Sheridan (que trata da frustrante historia dos 5 de Guildford) ou "Michael Collins" (interesante drama biográfico que nos axuda a comprender a historia da independencia irlandesa) e no videoclip da canción "Celebration" de U2 (banda irlandesa por excelencia)


Esa cruz que podemos ver nun recuncho da cárcere, dispúxose para rememorar o fusilamento de James Connolly tras a súa participación no Levantamento de Pascua de 1916. O procedemento habitual era o seguinte: o reo entraba pola porta de madeira que se ve á dereita da fotografía, camiñaba ata o outro extremo do recinto, daba a volta e mantíase erguido á espera do disparo. Connolly foi ferido durante a batalla e non podía manterse en pé, polo que transladaron o corpo para o recuncho máis cercano á entrada e tiveron que sentalo nunha silla, pero ainda así non puido permanecer dereito e foi necesario atalo para finalmente acabasen coa súa vida.



Tras esta intensa visita, optamos por relaxarnos visitando a Guinness Storehouse (10,60 coa ISIC) que nos levou, mediante un tour moi didáctico, a descubrir o proceso de fabricación, almacenamento e transporte desta cervexa. Cóntase que a idea de crear unha cervexa negra, xurdiu por casualidade tras o incendio de Dublín de 1966, por curiosidade proseguiuse coa fabricación da cerveza coa cebada tostada polo lume e logrouse ese característico sabor.
Tamén puidemos repasar a historia publicitaria da marca dende os seus inicios.
A anécdota da arpa irlandesa. Esta arpa foi rexistrada como logotipo da Guinness en 1759, máis tarde para representar o estado irlandés quíxose estampar ese mesmo símbolo . Pero posto que a Guinness tiña os dereitos desa imaxe, decidiron seguir utilizandoa pero invertida, e é así como podemos observar nos euros irlandeses.




















Aprendemos a catar esta cervexa a través dos cinco sentidos:
Oído: ó tirar a caña libéranse dous tipos de gases nitróxeno e dióxido de carbono, formando un ruído característico.
Vista: se pomos a cervexa a contraluz podemos observar que ten unha cor colorada.
Tacto: tocando o vaso comprobaremos a temperatura, debe ser servida a uns 6º.
Olfacto: debemos facer bailar a cervexa no vaso para que desprenda a súa verdadeira fragancia.
Gusto: eso non teño que explicalo non? xD

Tamén nos ensinaron a tirala:
Debe facerse en dous tempos, 1º co vaso inclinado uns 45º enchéndoo 3/4 da súa capacidade, deixar repousar ata que se estabilice e rechear o que falta. Unha Guinness está ben tirada cando a espuma aguanta ata que rematas a cervexa.

Ó rematar a visita subimos ó Gravity, que é o bar que corona o edificio, e onde podes degustar unha pinta de Guinness "gratuita" e disfrutar das mellores vistas de Dublín ó mesmo tempo. Servíume a cervexa a señora que aparece na foto e moi maja ela debuxoume unha trébore na espuma, como pode intuírse na fotografía. Ó rematar a cervexa e, como é tradición (sen que te vexan), leveime o vaso da Guinness Storehouse de recordo.





 




Tras a pinta e co estómago vacío (e moi dificil atopar un sitio onde comer a un precio normal) sumerxímonos na maravillosa historia deste país dende a época vikinga ata a actualidade (con posibilidade de folleto explicativo en español) por medio da exposición Dublinia (8,50 € coa ISIC, incluíndo a entrada da Christ Church Cathedral) que se mostra no interior do edificio que comunica coa catedral. A fotografía mostra o alfabeto utilizado polos vikingos e a súa traducción.


Ó rematar, accedemos directamente á Christ Church Cathedral, unha das tres catedrais que existen en Dublín, e unha das dúas catedrais protestantes dublinesas. Como se ve nas fotografías é impresionante, pero por dentro é unha igrexa máis, o único que (non sei moi ben por qué) lle da un pouco de bombo ao asunto son as momias dun gato e un rato que foron atopadas no interior dun dos órganos da catedral, e que agora se expoñen na Cripta.





Despois de comer (a eso das 17:30) demos unha volta vendo, dende fóra, os edificios máis interesantes. A primeira fotografía mostra o City Hall, o ayuntamento de Dublín. Na segunda aparece o Castillo de Dublín, no patio interior deste, atopámonos cunha esposición temporal de esculturas de area moi traballadas.

E o que sobrou de día consumímolo no pub do Arlington Hostel, no que ese día tras acabar os concertos en directo, montaron unha disco en toda regla.